Portada da Revista Labirinto nº1

English
Español
Resumo
Esta é unha publicación de
IGACIENCIA en forma de revista, “Labirinto” (o nº 1), que cambia a concepción
que temos da prehistoria galega tanto para os propios prehistoriadores como para
o público xeral, incluídos os nosos alumnos e alumnas. Baseada nas últimas
investigacións históricas (fundamentalmente cítase extensamente a Antonio de la
Peña sobre o tema da antigüidade dos labirintos e da milenaria comunidade
cultural atlántica no seu libro Prehistoria, Castrexo...) e máis
directamente as investigacións dos xenetistas británicos Bryan Sykes, Spencer
Oppenheimer e do Dr Daniel
Bradley, lector en xenética do Trinity College de Dublin
Coméntanse
extensamente as figuras ou gráficos xeográficos do libro The origins of the
British, do cal os que leron o libro din:
A prehistoria Británica ten que
ser radicalmente repensada.
Barry
Cunliff.
Estea preparado
para desbotar todas as súas queridas nocións de britanidade e historia de
Inglaterra.
Clive Gamble
Demostra que a invasión anglosaxona contribuíu só cunha pequena fracción (5%) ao
pool xenético inglés.
“A prehistoría Británica nunca será a mesma”
dixo o coñecido prehistoriador inglés Colin Renfrew.
Pois ben, despois desta revista “Labirinto”, precisamente por apoiarse neste
libro, entre outros, a concepción da prehistoria galega nunca será a mesma.
As referencias ás investigacións médicas (as enfermidades celtas galegas) ou ao
paleoclima a través da páxina web de Uriarte presenta o tema dun modo
apaixonante e totalmente apropiado para elaborar un proxecto interdisciplinar en
clase de secundaria non só de ciencias, historia ou galego, senón tamén de
matemáticas (a través dos labirintos) ademais do transfondo ideolóxico asignado
ao celtismo, tanto en Galicia con prehistoriadores escépticos ou anticeltistas,
como en xenetistas británicos que non dubidan en preferir ser “descendentes dos
vascos” antes que dos galegos e polo tanto aportan probas sobre o ”mito do
celtismo” para desbotaren, tamén eles, o “celtismo galego”. Pero, ao fin
científicos, proporcionan mapas como o do haplotipo “Rory” de Oppenheimer que
demostran claramente todo o que tentan negar. De feito son a proba indubidable
de que os galegos de hai 15000!!! anos falaban unha versión primitiva de
gaélico, que estenderon por Irlanda e Escocia.
A prehistoria celta amplíase, nas súas marxes de tempo, e as concepcións racistas
caen: os celtas son unha mestura de poboacións europeas de hai 20000 anos
fabricada en Galicia (porque a única raza pura é a raza humana de hai 60000
anos), ou, como quizais preferiría dicir Oppenheimer, os descendentes dos
galaicos son o 70% dos habitantes dos países célticos, incluída Inglaterra,
(pero non son os celtas, vaia!, segundo el).
Así, celta é unha entelequia europea que derramará tinta sen conto durante moito
tempo. Pero os feitos apuntan a que
“Algo
máxico ocorreu coas poboacións na fachada atlántica europea nos últimos 15000
anos e tivo como cerna Galicia.”
E o esbozo desa historia está contada na revista.
Apúntanse hipóteses asombrosas que relacionan os nosos petróglifos cunha cultura
(celta? ou galaica?, que máis dará) que durante os últimos 15000 anos encheu a
fachada atlántica cunha forza milenaria de símbolos, culturas e crenzas comúns.
A época dos petróglifos “cup-and-rings con cola” que enchen Pontevedra, Escocia,
Irlanda e Inglaterra, como se describe na revista (e aínda máis, se amosa
visualmente), marca un fito importante pois posiblemente teñan unha conexión con
Stonehenge e coa Atlántida ou coa súa lembranza.
Desde logo as descricións dun membro da teoría da continuidade paleolítica falando do “Old English” (é dicir, falando doutro tema e sen sabelo) apuntan sen máis a que a
Atlántida foi celta e sitúan a súa posición cunha certa precisión. Os feitos
obxectivos, históricos, artísticos, climáticos, xeolóxicos, xenéticos e
lingüísticos apuntan a que os galegos estivemos de forma oportunista e oportuna
(no momento en que cumpría) en batallas e travesías milenarias que apuntalaron a
primeira cultura libre e conexionada europea: a celta.
En fin, despois desa longa viaxe pola prehistoria galega tratamos de afirmar,
finalmente, a certeza da maior antigüidade dos petróglifos labirínticos galegos,
derivándoos, mesmo dos clásicos “cup-and-rings con cola”. Aínda que esta revista
termina aquí, trátase de que sexa unha primeira pedra histórica e cultural
doutras con máis contido matemático sobre os labirintos, deseño, algoritmos,
formas de saír, e finalmente, historia e cultura.
Aínda non
recibiches a revista? Apúntate a recibila enviándolle un correo á secretaría
(en) igaciencia.org
Que vai coñecer?
-Os labirintos galegos
son os máis antigos da historia.
-Para que usaban os
labirintos. Primeiras fases galegas dos labirintos
-A cultura atlántica é
unha cultura común de toda a fachada atlántica interconectada durante miles de
anos.
-A Atlántida foi celta
-Galicia, como foco
secundario de repoboación europea da fachada atlántica: explicación de porque os
vascos aparecen repetidamente nas historias xenéticas relativas aos celtas
-Stonehenge é a
catedral do culto da cultura dos petróglifos?
-O papel protagonista
dos petróglifos "cup and rings" na prehistoria europea.
-A irmandade xenética
dos galegos cos irlandeses, escoceses, e británicos en xeral.
-O cometa Clovis

Influencias:
A Atlántida inspirou a Roger Bacon a escribir New Atlantis
Influences
New Atlantis and other writings of Bacon inspired the
formation of the
Royal Society.
In recent years, New Atlantis influenced
B.F. Skinner's 1948
Walden Two.
The Royal Society inspired the Royal Institution, It
was founded in 1799 by the leading British scientists of the age,
including
Henry Cavendish and its first president,
George Finch, the 9th Earl of Winchilsea, for "diffusing the
knowledge, and facilitating the general introduction, of useful
mechanical inventions and improvements; and for teaching, by
courses of philosophical lectures and experiments, the
application of science to the common purposes of life."
the Royal Institution inspired IGACIENCIA
IGACIENCIA knows the secret of the Atlantis place and the
Atlantis symbol.