Bases do Rallye de Ciencias 2010

Organizado en colaboración co IREM de Toulouse

Celébrase en Galicia o día 8 abril 2010. Final en Toulouse 6 de maio de 2010

Destinatarios: alumnado de  4º de ESO dos centros de toda Galicia e o norte de Portugal .

O Rallye de Ciencias consiste na celebración simultánea nos países participantes dunha mesma proba que se deberá resolver de forma conxunta por un grupo de alumnos e alumnas da mesma  clase. Non é unha proba individual.

Os obxectivos que se tratan de conseguir con este tipo de probas son:

            Favorecer o traballo en equipo                        

            Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade

            Facer vivir as ciencias a través de situacións orixinais.

Preguntas

O grupo gañador ten que ir a Toulouse? Pode, se quere, participar na proba en Toulouse. Gañar dálle dereito a participar.  Senón pode participar por videoconferencia na final de Toulouse.

O premio? É participar. Non hai ningún outro premio agás pequenos agasallos.

Onde se fai a proba galega? Desprazándose os profesores de centros próximos entre sí (coma no Rallye Matemático sen Fronteiras), ou ben acordando coa organización o lugar que se determinará en función das inscricións. Sería conveniente, polo tanto,  que vos inscribírades parellas de centros próximos.

Inscrición: o prazo remata o día 15 de marzo de 2010.

As bases que non estean aquí formuladas serán as do Rallye Matemático sen Fronteiras

O exame terá unha hora de duración

- Haberá dous exercicios de Física, dous de Química e dous de Bioloxía-Xeoloxía. (pero é posible renunciar a algún exame)

-Calquera documento está permitido, e calquera tipo de material (calculadora, dicionario, ...)